De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 01725, novo enlace no p.q. 70,000 da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, clave Ac/16/108.1, termo municipal de Santiago de Compostela.
Concello: Santiago de Compostela. Provincia: A Coruña.
Expropiante: CIV. Servizo Provincial da AXI da Coruña.
Beneficiario: CIV. Servizo Provincial da AXI da Coruña.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoas que se notifican |
Data acto que se notifica |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Hros. María Otero Vigo Manuel Rozas Ventosinos Hros. Carmen Baluja Puente Manuel Rozas Ventosinos Hros. Ramiro Rozas Otero |
26.4.2018 26.4.2018 26.4.2018 26.4.2018 26.4.2018 |
2018000162 2018000166 2018000167 2018000168 2018000169 |
27 49 50 51 52 |
438,31 219,16 125,23 86,10 5.486,73 |