Con data do 7 de xuño de 2018 ditouse resolución da Alcaldía que acorda o seguinte:
Primeiro. Aprobar a seguinte oferta de emprego público deste concello para o ano 2018, de acordo co orzamento e co cadro de persoal definitivamente aprobados co seguinte contido:
Posto de traballo |
Vínculo |
Escala |
Subescala |
Grupo |
Nivel |
Nº vacantes |
Administrativo-tesoureiro |
Funcionario de carreira |
Admón. xeral |
Administrativo |
C1 |
22 |
1 |
Segundo. Facer pública a oferta de emprego público 2018 deste concello mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.
Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante a Alcaldía do Concello de Castrelo de Miño, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do último dos anuncios, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen perxuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Castrelo de Miño, 7 de xuño de 2018
Xurxo Rodríguez Méndez
Alcalde