Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente CO-59644 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentadas as notificacións dos actos administrativos do procedemento de reintegro das prestacións económicas indebidamente percibidas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio dos interesados sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido das notificacións.

A notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao da comparecencia e, no caso de non presentarse, desde o seguinte ao da finalización do prazo de dez (10) días indicado.

Estas propostas outórganlle á persoa interesada un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, para presentar as alegacións ou documentos que considere convenientes.

A Coruña, 17 de abril de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de

expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data do

documento

CO-59644

Labora Regueiro, Josefa, Labora Fernández, Óscar

76284818M

Proposta de resolución de reintegro de prestación indebida

13.3.2018

SC-20338

Liñares Seoane, Isolina,
Comunidade hereditaria de

33054851X

Proposta de resolución de reintegro de prestación indebida

13.3.2018