Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente CO-4108).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación da proposta de resolución do procedemento de reintegro das prestacións indebidamente percibidas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio do interesado sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo ou aos seus representantes, debidamente acreditados, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido íntegro do acto administrativo.

A notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao da comparecencia e, no caso de non presentarse, desde o seguinte ao da finalización do prazo de dez días indicado.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, para presentar as alegacións ou documentos que considere convenientes.

A Coruña, 13 de marzo de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento de reintegro prestación indebida

Número de expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data do
documento

CO-4108

Díaz Canosa, Amable
López Díaz, Mª do Carme

32276317T

Proposta de resolución de prestación indebida

8.1.2018