En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Data de publicación no perfil do contratante: 5 de xaneiro de 2018.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obra.
b) Descrición do obxecto: execución da obra, por lotes, do proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués, interior e da costa.
Lote 1. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués pola costa: A Guarda p.q. 165+580 a Redondela p.q. 87+390.
Lote 2. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués: Tui p.q. 120+780 a Redondela p.q. 81+100.
Lote 3. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués: Soutomaior p.q. 81+100 a Portas p.q. 49+550.
Lote 4. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués: Caldas de Reis p.q. 49+550 a Santiago de Compostela p.q. 0+00.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: anticipada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
Lote 1. Importe sen IVE: 599.840,67 €; IVE (21 %): 125.966,54 €; importe total: 725.807,21 €.
Lote 2. Importe sen IVE: 375.371,88 €; IVE (21 %): 78.828,10 €; importe total: 454.199,98 €.
Lote 3. Importe sen IVE: 596.408,83 €; IVE (21 %): 125.245,85 €; importe total: 721.654,68 €.
Lote 4. Importe sen IVE: 440.378,73 €; IVE (21 %): 92.479,53 €; importe total: 532.858,26 €.
Importe total dos lotes (IVE incluído): 2.434.520,13 €.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 6 de xuño de 2018.
b) Data de formalización do contrato: 15 de xuño de 2018.
c) Adxudicatario.
Lote 1: Extraco, S.A.
Lote 2: Construcciones Isidro Otero, S.L.
Lote 3: Misturas Obras e Proxectos, S.A.
Lote 4: Construcciones Isidro Otero, S.L.
d) Importe de adxudicación:
Lote 1. Importe sin IVE: 427.026,00 €.
Lote 2. Importe sin IVE: 272.407,37 €.
Lote 3. Importe sin IVE: 425.299,00 €.
Lote 4. Importe sin IVE: 317.072,69 €.
Importe total dos lotes sen IVE: 1.441.805,06 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018
A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia