Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xuño de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-552, punto quilométrico 2+100 a 3+000, de clave AC/17/138.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-552, p.q. 2+100 a 3+000, de clave AC/17/138.06.

Este proxecto ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade que se vén producindo nos últimos anos no treito considerado. O ámbito de actuación sitúase na estrada AC-552, pertencente á rede primaria básica de estradas de Galicia e afecta ao termo municipal de Arteixo, na provincia da Coruña.

As actuacións comenzan no punto quilométrico (p.q.) 2+100 (glorieta de conexión coa autoestrada AG-55) e rematan no p.q. 3+000 (intersección co vial de conexión á presa de Meicende).

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Nova vía de servizo ao longo da marxe dereita da estrada, para eliminar as incorporacións directas desde as naves e a gasolineira existente.

– Nova glorieta no p.q. 2+890 para eliminar a actual intersección en T, e permitir o cambio de sentido desde a vía de servizo da marxe dereita.

– Nova glorieta no p.q. 2+500 para eliminar o actual xiro á esquerda.

– Mellora da incorporación e saída da vía de servizo existente na marxe esquerda da estrada.

– Propónse tamén a execución de catro muros para evitar a invasión de terreos privados e as obras de sinalización, drenaxe, iluminación e a reposición dos servizos afectados.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e aos efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, 1, 15142 Arteixo, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada AC-552 p.q. 2+100 a 3+000.

Clave: AC/17/138.06.

Concello de Arteixo.

Referencia catastral

Políg.

Parcela

Titular

Solo

Sup. predio
(m2)

Sup. exprop. (m2)

1

5091606NH4959S

50916

6

Fomento de Iniciativas Comerciales, S.L.

UR

29.743,00

52,95

2

4986512NH4948N

49865

12

Construcciones Crespo Barros, S.L.

UR

3.946,00

26,05

3

4986501NH4948N

49865

1

Arcay García, María Concepción

Martínez Rodríguez, Dolores (herdeiros)

Martínez Arcay, Mª del Pilar

UR

104,00

405,07

4

4986515NH4948N

49865

15

Mosquera Alvedro, Manuel

Mosquera Rodríguez, José Manuel

UR

937,00

60,05

5

4986514NH4948N

49865

14

Pardo Rodríguez, Emilio

Pardo Prego, Mª del Carmen

Pardo Rodríguez, Manuela

Pardo Rodríguez, Dolores

UR

916,00

21,89

6

15005A06500101

65

101

Rodríguez Vázquez, José

Ares Mañana, Rosa (herdeiros)

RU

685,00

33,69

7

15005A06500032

65

32

Descoñecido

RU

13.388,00

1.749,67

8

15005A06500099

65

99

Ojea de Castro, Elvira

Ojea de Castro, Luisa Mª

Ojea de Castro, Juan Manuel

Ojea de Castro, Rafael A.J. (herdeiros)

Ojea de Castro, Mª Paloma

Ojea de Castro, Julián Javier Alejandro

Ojea de Castro, Francisco Javier

RU

36.490,00

80,04

9

4788301NH4948N

47883

1

Mª Agricultura, Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

UR

1.192,00

67,62

9 IND

4788301NH4948N

47883

1

Alcoa Inespal Coruña, S.L.

1.192,00

67,62