Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de xuño de 2018 pola que se lles notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia en que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberase efectuar ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n; polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: C 92060, conta 12.

Nome: Vanesa Soto Feal, con DNI XXXXX248A, e comunidade hereditaria de María Julia Feal Ricoy, con DNI XXXXX929C.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil), a Vanesa Soto Feal e á comunidade hereditaria de María Julia Feal Ricoy da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1996 ao Instituto para a Promoción Pública da Vivenda por Francisco Manuel Soto Suárez e María Julia Feal Ricoy.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.