Estase a tramitar unha modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Ferroatlántica, S.L. con destino á ocupación de dominio público portuario por nave de mercadorías no porto de Cee, para incluír explanada, báscula de camións, caseta e centro de transformación no dominio público portuario de Brens-Cee, de acordo co proxecto básico de solicitude de regularización mediante concesión en zona de dominio público portuario para báscula e caseta de CT-GE no porto de Cee, asinado polo enxeñeiro industrial, José Manuel Villar Esmorís, colexiado número 1.379 no mes de abril de 2017, ademais dun plano da confrontación daquel, o que inclúe todas as instalacións existentes no porto de Brens-Cee.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE número 253, do xoves 20 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.
A Coruña, 25 de maio de 2018
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro