Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 13 de xuño de 2018 pola que se notifica o Acordo do 26 de abril de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 52, sito en Quintela de Leirado, relativo ao proxecto 01729 (expediente 2018/000286).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificar mediante esta cédula aos herdeiros de Alfonso Gallardo Fernández o Acordo do 26 de abril de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 52, sito en Quintela de Leirado, relativo ao proxecto 01729 (expediente 2018/000286), cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

Terceiro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Cuarto. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01729 alarga na OU-0210 Leirado-Pontedeva.
Clave: 01/sn/2016. Tm Quintela de Leirado.

Nº de expediente: 2018/000286.

Persoa que se vai a notificar: herdeiros de Alfonso Gallardo Fernández.

Expropiante: Deputación Provincial de Ourense.

Expropiados: herdeiros de Alfonso Gallardo Fernández.

Beneficiaria: Deputación Provincial de Ourense.

Predio nº: 52.

Concello: Quintela de Leirado.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do Xurado: 307,06 €.