Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2017/109-2, 8583 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMTS e CT Augadoce e modificación da RBT existente.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 735 m en condutor RHZ1 240, tendendo novo circuíto desde o CT Augadoce proxectado ata o CT Albergue existente. Desmontar o condutor existente entre o CT Albergue e a arqueta 10 existente e volver tendelo desde esta arqueta ata o CT Augadoce.

• Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 60 m, con orixe no CT Augadoce proxectado, condutor tipo RV 240 e final en conexión coas redes de baixa tensión soterrada e aérea existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de xuño de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo