Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de xuño de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 22 de maio de 2018, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-239/2017 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que xulgue oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderase facer efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 18 de xuño de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 9.5.2018)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I

ANEXO

Expediente: AC-239/17.

Denunciado: Cristian Bozian.

NIF: X9621585H.

Establecemento: Tarabana.

Enderezo: estrada de Catabois, 247.

Localidade: Ferrol.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e b), da Lei 7/2011.

Resolución: 22 de maio de 2018.

Sanción: multa por importe de douscentos vinte e cinco euros (225,00 €).