Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización dos contratos do servizo de limpeza de diversos edificios administrativos (expediente 2017_040_SXT).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a seguir:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2017_040_SXT.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza de edificios administrativos dependentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e das súas entidades instrumentais, segundo a relación de edificios que figura no anexo I do prego de prescricións técnicas particulares e nas condicións nel expresadas.

c) División por lotes:

Lote 1: servizo de limpeza do edificio do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e da Axencia Galega de Innovación, situado na rúa Airas Nunes, s/n, en Santiago de Compostela.

Lote 2: servizo de limpeza dos edificios do CIS Ferrol-Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía, dependente da Axencia Galega de Innovación, situado na Cabana, s/n, Ferrol.

Lote 3: servizo de limpeza do edificio do CIS Madeira-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, dependente da Axencia Galega de Innovación, situado na avenida de Galicia, 5 (Parque Tecnolóxico de Galicia), en San Cibrao das Viñas (Ourense).

d) Admisión de prórroga: si.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8 servizo de limpeza de edificios; 90914000-7 servizo de limpeza de aparcadoiros; 90919200-3 servizo de limpeza de oficinas.

g) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Datas de publicación do anuncio de licitación: o 11 de xaneiro de 2018 no Diario Oficial de la Unión Europea, o 15 de xaneiro de 2018 no Boletín Oficial del Estado e o 23 de xaneiro de 2018 no Diario Oficial de Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento.

a) Orzamento base de licitación: 277.376,19 €, IVE incluído.

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 174.161,01 € (IVE incluído).

Lote 2: 72.657,48 € (IVE incluído).

Lote 3: 30.557,70 € (IVE incluído).

5. Valor estimado.

Lote 1: 374.230,28 €.

Lote 2: 156.123,51 €.

Lote 3: 65.661,17 €.

6. Formalización do contrato.

Lote 1: servizo de limpeza do edificio do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e da Axencia Galega de Innovación, situado na rúa Airas Nunes, s/n, en Santiago de Compostela.

a) Data de adxudicación: 8 de maio de 2018.

b) Data de formalización: 1 de xuño de 2018.

c) Contratista: Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 137.027,52 € + 28.775,78 € (IVE 21%) = 165.803,30 €.

Lote 2: servizo de limpeza dos edificios do CIS Ferrol-Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía, dependente da Axencia Galega de Innovación, situado na Cabana, s/n, Ferrol.

Declarado deserto por Resolución do 18 de abril de 2018.

Lote 3: servizo de limpeza do edificio do CIS Madeira-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, dependente da Axencia Galega de Innovación, situado na avenida de Galicia, 5 (Parque Tecnolóxico de Galicia), en San Cibrao das Viñas (Ourense).

a) Data de adxudicación: 8 de maio de 2018.

b) Data de formalización: 1 de xuño de 2018.

c) Contratista: Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 17.185,68 € + 3.608,99 € (IVE 21 %) = 20.794,67 €.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería
de Economía, Emprego e Industria