Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31518

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio), para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 21 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Consellería de Facenda mediante Orde do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo) para cualificar o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das alegacións presentadas, cambiar as respostas consideradas como correctas das preguntas 12, 63 e 76, de xeito que as respostas correctas son d), b) e a), respectivamente

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 20, 32, 79, 85, 96, 98 e 102, que pasan a ser substituidas polas preguntas de reserva 121, 122, 123, 124 e 125.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 28 de maio de 2018, superaron o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, e fixouse en 59 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Cuarto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

Camilo José Carrillo González
Presidente do tribunal