Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31329

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2018 pola que se modifica a Resolución do 5 de xullo de 2010 pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente nesta universidade.

Mediante Resolución reitoral do 5 de xullo de 2010 (DOG nº 140, do 23 de xullo) estableceuse a composición permanente da mesa de contratación da Universidade de Vigo e fixáronse as súas normas de funcionamento.

Posteriormente, por Resolución reitoral do 10 de abril de 2018 (DOG nº 73, do 16 de abril) modificábase o punto primeiro da dita resolución estableceuse unha nova composición da mesa de contratación. Ao respecto, e dado o novo deseño de competencias, considérase oportuno cambiar a persoa designada para presidir a mesa de contratación e un vogal.

Por todo o anteriormente exposto, acórdase ditar a seguinte resolución:

Primeiro. Da Resolución do 8 de xuño de 2018, de delegación de competencias (DOG nº 111, do 12 de xuño) suprímese do punto III a letra c) «A presidencia da mesa de contratación».

Segundo. Modificar o punto primeiro da Resolución do 5 de xullo de 2010 (na redacción dada pola Resolución reitorial do 10 de abril de 2018) pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente da Universidade de Vigo nos parágrafos relativos á persoa que exercerá os labores de presidencia e do vogal que ocupa a Vicexerencia en materia económica. Estes quedan redactados nos seguintes termos:

– «.... Presidente/a: a persoa que ocupe a Vicerreitoría de Economía, que poderá ser suplida en caso de vacante, ausencia ou enfermidade pola persoa que designe o reitor.

– Vogal: o director de Administración».

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de xuño de 2018

Manuel J. Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo