Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31412

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta (IS-02, ampliación da parcela do depósito A Torre de Cillobre, Torás).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 24 de maio de 2018, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención dos terreos afectados polo Plan especial de infraestruturas de servizo do SIXS de abastecemento de auga e saneamento, na acción IS-02, Ampliación da parcela do depósito A Torre de Cillobre, Torás, segundo proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 292 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 22 de xuño de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde