Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31187

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 67/2018, do 21 de xuño, polo que se nomea a Rosario Álvarez Blanco presidenta do Consello da Cultura Galega.

De conformidade co disposto nos artigos 3.1.a) da Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, e 13 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 162/2008, do 10 de xullo, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo de elección efectuada polo Consello da Cultura Galega no pleno extraordinario do día 31 de maio de 2018, logo da súa comparecencia ante o Parlamento de Galicia, e despois da deliberación do Consello da Xunta de Galicia do vinte e un de xuño de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Nomear a Rosario Álvarez Blanco presidenta do Consello da Cultura Galega.

Santiago de Compostela, vinte e un de xuño de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria