Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31071

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e no ordinal sétimo da Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 85, do 3 de maio), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 85, do 3 de maio).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador:

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Constantino Grandío Rivas.

Marco Antonio Freire Serén.

– Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Quiroga Limia.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

José Antonio Fernández López.

José Ramón Viñas Diz.

Marco Antonio Freire Serén.

2. O réxime xurídico aplicable ao tribunal calificador será o que establece para os órganos colexiados a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 6 de xullo na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n (A Estrada).

Proba de coñecementos: ás 9.30 horas.

Proba psicolóxica: ás 11.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 26 de xuño de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Clave

Alonso Cerqueira, Enrique

2

Alonso Pastoriza, Olalla

2

Álvarez Carrasco, Gonzalo

1

Ayán Díaz, Andrés

2

Ayán Rodríguez, Esteban

2

Brun Palmas, Marta

2

Busto Vilas, Eladio

1, 2, 5 e 6

Cao Gacio, Jesús

1

Castro Bacelo, Aida Carlota

2

Chávez Molina, Manuel Alfonso

2

Dacosta García, Borja

2

Feijo Martíns Alvares de Calvao, Domingos Augusto

1

Fernández Ferros, Carlos

3

Ferreira Vila, Carlos

6

Figueroa Collado, José Miguel

1

Filgueiras Fernández, Jesús

2

Fonterigo Quiñones, Santos

1 e 2

Fortes Dias, João Bernardo

2

Freire Balado, Sandra

1

García Baliño, Juan Jesús

1

García Pitart, Gregorio Domingo

1

Gayoso Ricoy, Begoña

2

Gómez Ribadas, Damián

1

González Lozano, Javier

1

González Vidal, Luis

1

Guiao Martínez, Manuel

2

Insagaray Olivera, Sebastián

1

Lema Argibay, Benjamín

2

López Arias, Verónica

2

Marinas Vallenus, María Adamina

1

Mariño Fernández, Juan José

1

Martínez Fernández, Antonio

6

Mendizábal Ferreira, Juan Ignacio

2

Moledo Lestayo, Pablo

2

Nieto Noya, Concepción

2

Oliveira Silva, José Paulo

1

Parada López, Carlos Daniel

2

Pastoriza Nogueira, David

2

Pego Rodríguez, María

2

Pereira Lobariñas, Ana María

2

Pérez Álvarez, José Marcos

1

Pimentel Mateo, Rosaura Lisselot

1 e 4

Rama Uruburu, Rocío

2

Rejo Rejo, Antonio

6

Rey Ortigueira, David

6

Rivas Paredes, María Elena

1

Rodríguez González, Fernando

1 e 2

Rodríguez Outeiro, José

1

Sampedro Olveira, Ana

2

Sangiovanni Lorenzo, Joaquín

3

Santos Rodríguez, Kevin

1

Silva Ricci, Patrick

2

Soto Freire, Bárbara

2

Souto Rega, Guillermo

1

Taboada Ramis, Francisco Javier

1

Valín Seijas, Diego

1

Varela Ferreiro, José Manuel

2

Vázquez González, Félix

2

Velo Baloira, Matías

6

Villar Vidal, Iosu

2

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial

2

Non achega fotografías tamaño carné

3

O importe ingresado da taxa é inferior ao requirido

4

O impreso de pagamento de taxas é ilexible

5

Non facilita o número do NIF nin NIE na instancia

6

Debe presentar documentación acreditativa da exención do pagamento