Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31018

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade a un encargo ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. para executar durante os exercicios 2017 e 2018.

1. Resolución do 7 de agosto de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a execución da obra de construción da segunda rede de sendas e camiños no sur do Monte Gaiás, denominado Bosque de Galicia (Santiago de Compostela), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

– Actividade: execución da obra de construción da segunda rede de sendas e camiños no sur do Monte Gaiás, denominado Bosque de Galicia (Santiago de Compostela).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución foi de nove (9) meses e empezou a contar desde o día seguinte ao da notificación da encomenda.

– Financiamento. Tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2017 e 2018, aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.2, e foi cofinanciada nun 80 % con fondos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2. Protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular as de interese turístico.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio