Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU–21/2018 RE e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 6 de xuño de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

OU-21/2018 RE

Nicu Arun Cirlan

Incoación

A xefa territorial

OU-33/2018 RE

Vasile Scripcariu

Incoación

A xefa territorial

OU-34/2018 RE

Silvestru Beghean

Incoación

A xefa territorial

OU-35/2018 RE

Iliuta Nicolae Marcu

Incoación

A xefa territorial

OU-46/2018 RE

Hormigones Taboadela, S.L.

Incoación

A xefa territorial

OU-48/2018 RE

Silvia Vázquez Álvarez

Incoación

A xefa territorial