Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada 2015-IPPC-72-313 para a ampliación dunha explotación avícola de polos de ceba en Mercurín, no concello de Boimorto (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: ampliación dunha explotación avícola de polos de ceba en Mercurín-Boimorto

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: LP AVES, S.C.

Expediente: 2015-IPPC-I-72

Localización: Boimorto (A Coruña)

Data: 23.4.2018

Esta resolución poderá consultarse en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático