Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación ditouna o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para iniciar o expediente de extinción da autorización do CPR Cofisad, da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A notificación da resolución poderá recollerse na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada: María Dolores Fraguas Moure.