Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30941

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 62/2018).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Tomé González contra Limpiezas Secope, S.A., se acordou notificar parte dispositiva do auto e Decreto do 31 de maio de 2018 ditado no procedemento ETX 62/2018 a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro:

«Auto.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuel Tomé González, fronte a Limpiezas Secope, S.A., parte executada, por importe de 4.005,01 euros de principal, máis 76.91 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 5.212,12 euros de indemnización, máis 408,82 euros de xuros provisionais e 550 euros de honorarios do letrado do executante.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación e as débedas non serán admisibles como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 00301846420005001274 e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social- reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Limpiezas Secope, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Manuel Tomé González e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado se acordará o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar os actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0062 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0062 18”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación a Limpiezas Secope, S.A. en ignorado paradoiro expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza