Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), aos propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de trámites de audiencia por modificacións das bases definitivas da concentración da dita zona.

Así mesmo este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de xuño de 2018

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Orde do 13.4.2016)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados

Juan Carlos Ordóñez Astray

José Luis García Astray

Ricardo Cernadas Vilariño

Pilar Carmen García Corral

Mª Jesús Ordóñez Casal

Manuel Ordóñez Casal

María Rodríguez Vázquez

Mª del Carmen Vázquez Rodríguez

Ángela Rodríguez Vilariño

Aurora Sánchez Rozada

Dolores Vilariño Vázquez

Flora Rodríguez Vilariño

Inocencio Vázquez Rodríguez