Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente na dirección de obra relativa ás obras de optimización enerxética no novo edificio xudicial de Tui, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe EP4. Prioridade 4c.

missing image file

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

c) Número do expediente: 2017-SESE 31-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=211007

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na dirección de obra relativa ás obras de optimización enerxética do novo edificio xudicial de Tui.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos.

71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura.

71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 27 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 53.604,27 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 48.731,15 €.

Importe total: 58.964,69 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 6 de xuño de 2018.

c) Contratista: 2C Arquitectos, S.L.P.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 39.850,00 €.

Importe total: 48.218,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

A secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
P.S. (Artigo 8.e) da Orde do 29.12.2017; DOG núm. 3, do 4.1.2018)
Nicolás Vázquez Iglesias
Vicesecretario xeral da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza