Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30254

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2018 pola que se concede o XX Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos valores dos Camiños de Santiago, así como a mención especial.

Á vista da proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, sobre a convocatoria do Premio Elías Valiña 2018 pola Orde do 20 de febreiro de 2018, ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago, e conforme con esta en todos os seus termos,

RESOLVO:

– Conceder, ex aequo [con igual mérito] e compartido, o Premio Elías Valiña 2018, dotado cunha contía económica de 10.000 € polo esforzo revitalizador e promocional dos valores propios dos Camiños de Santiago ás seguintes entidades:

Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid e Asociación Compostelle 2000.

– Facer a mención especial, prevista no artigo 2.1 da orde da convocatoria, a Joseph Leutenegger.

Santiago de Compostela 11 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria