Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditada no expediente disciplinario 1/17-2/17.

Con data do 2 de maio de 2018 dítase resolución do recurso de alzada no expediente disciplinario instruído a Celia Sarmiento Herráez.

Segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse efectuar a notificación da citada resolución no lugar indicado pola interesada para os efectos de notificacións sen que esta se puidese facer efectiva.

Polo exposto, esta secretaría xeral técnica, de conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, en virtude deste anuncio, notifica a Resolución do 2 de maio de 2018.

Para coñecer o texto íntegro da resolución, a interesada poderá recoller a notificación da citada resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, sita no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde en San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade