Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30041

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2018 pola que se convocan cursos para o persoal do Concello da Coruña.

De acordo co convenio de colaboración subscrito o 12 de xaneiro de 2018, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

RESOLVO:

Convocar os cursos dirixidos ao persoal do Concello da Coruña que figuran no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos dos/das participantes

Poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que presten servizo no Concello da Coruña, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flas.

6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (DOG núm. 7, do 10 xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2018, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 16 de xaneiro (DOG núm. 19, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra G.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 40.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/as responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación mínima de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización da actividade non completada.

4. A asistencia e a puntualidade:

a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

b) As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

c) Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

d) Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

e) As faltas de asistencia:

Deberá xustificarse documentalmente ante os/as responsables das probas das actividades formativas nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización das probas.

Sétima. Realización de probas

Para poder superar a actividade de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan. Para superaren as probas de avaliación, os/as alumnos/as deberán responder de forma correcta a un 50 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación. As datas e o lugar de realización desta será o indicado no anexo II.

Oitava. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP e o Concello da Coruña poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e o Concello da Coruña reservan para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e o Concello da Coruña garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código: CV18029.

Área de coñecemento: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa.

Nome do curso: Administración electrónica.

1. Obxectivos.

Dar a coñecer os principios básicos da Administración electrónica como dereito dos/as cidadáns/as. Capacitar os/as funcionarios/as de forma que coñezan as posibilidades que ofrece a aplicación de medios electrónicos na Administración, e as solucións xa á disposición da cidadanía, para efectos de que poidan dar un mellor servizo de apoio e resposta a consultas dos/das administrados/as en caso de precisalo.

2. Destinatarios/as.

Persoal administrativo do Concello da Coruña.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Núm. de edicións: 4.

Duración: 30 horas por edición.

Datas: primeira e segunda edicións do 24 de setembro ao 23 de outubro de 2018 e edicións terceira e cuarta do 4 de outubro ao 2 de novembro de 2018.

Proba final presencial:

– Edición T01 o día 29 de outubro ás 10.00 horas.

– Edición T02 o día 29 de outubro ás 12.00 horas.

– Edición T03 o día 9 de novembro ás 10.00 horas.

– Edición T04 o día 9 de novembro ás 12.00 horas.

A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.

Prazas: 50 por edición.

4. Contido.

1. Introdución. Contexto normativo da tramitación electrónica integral. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Notificacións electrónicas. Sistema Notifica.gal

3. Portal de interoperabilidade. Pasaxe! Servizos de verificación de datos.

4. O sistema único de rexistro. AIRES/SIR/Dixitalización de documentación.

Código: CV18030.

Área de coñecemento: coñecementos transversais.

Nome do curso: básico en prevención de riscos laborais.

1. Obxectivos.

Formar os/as traballadores/as en materia de prevención de riscos laborais, segundo o establecido no anexo IV B) do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

2. Destinatarios/as.

Persoal técnico do Acuario e Infraestruturas, responsables de instalacións municipais e inspectores/as de Medio Ambiente do Concello da Coruña.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Núm. de edicións: 1.

Duración: 50 horas.

Datas: do 11 de setembro ao 15 de outubro de 2018.

Proba final presencial: 19 de outubro ás 10.00 horas.

A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.

Prazas: 50.

4. Contido.

I. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

1. O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco.

2. Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.

3. Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos.

II. Riscos xerais e a súa prevención.

1. Riscos ligados ás condicións de seguridade.

2. Riscos ligados ao ambiente de traballo.

3. A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.

4. Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual.

5. Medidas de emerxencia e evacuación.

6. O control da saúde dos/das traballadores/as.

III. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade.

IV. Elementos básicos de xestión da prevención.

1. Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo.

2. Organización do traballo preventivo.

Código: CV18031.

Área de coñecemento: réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.

Nome do curso: básico de subvencións e normativa aplicable.

1. Obxectivos.

Proporcionar ao alumnado uns coñecementos básicos sobre a figura da subvención e a súa regulación na normativa estatal e autonómica de aplicación.

2. Destinatarios/as.

Persoal administrativo do concello da Coruña grupos A1, A2 e C1.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Núm. de edicións: 1.

Duración: 30 horas.

Datas: do 26 de setembro ao 25 de outubro de 2018.

Proba final presencial: 30 de outubro ás 10.00 horas.

A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.

Prazas: 50.

4. Contido.

Módulo 1: a subvención: concepto e normativa reguladora.

Módulo 2: elementos subxectivos e obxectivos da subvención.

Módulo 3: os procedementos de concesión de subvencións.

Módulo 4: xustificación e pagamento das subvencións.

Módulo 5: infraccións e control financeiro en materia de subvencións.

Código: CV18032.

Área de coñecemento: Plan formativo ofimático de Galicia.

Nome do curso: Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

1. Obxectivos.

Formación que replica a da unidade formativa UF0321 asociada á unidade de competencia UC0233_2 do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Capacitar os/as profesionais que utilizan ferramentas ofimáticas en uso de solucións abertas.

2. Destinatarios/as.

Persoal administrativo do concello da Coruña.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Núm. de edicións: 1.

Duración: 50 horas.

Datas: do 10 de setembro ao 26 de outubro de 2018.

Proba final presencial: 31 de outubro ás 10.00 horas.

A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.

Prazas: 50.

4. Contido.

1. Conceptos xerais e características básicas.

2. Introdución, desprazamento do cursor, selección e operacións na folla de cálculo.

3. Introdución de datos na folla de cálculo.

4. Edición e modificación da folla de cálculo.

5. Arquivos de Calc.

6. Operacións con rangos.

7. Melloras da aparencia dunha folla de cálculo.

8. Fórmulas.

9. Funcións.

10. Inserción de Gráficos.

11. Inserción doutros elementos.

12. Impresión.

13. Traballo con datos.

14. Utilización das ferramentas de revisión e traballo con libros compartidos.

15. Importación noutras aplicacións ofimáticas.

16. Modelos e macros.

Código: CV18033.

Área de coñecemento: Plan formativo ofimático de Galicia.

Nome do curso: Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Libreoffice writer).

1. Obxectivos.

Formación que replica a da unidade formativa UF0320 asociada á unidade de competencia UC0233_2 do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Capacitar os/as profesionais que utilizan ferramentas ofimáticas en uso de solucións abertas.

2. Destinatarios/as.

Persoal administrativo do concello da Coruña.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Núm. de edicións: 1.

Duración: 30 horas.

Datas: do 10 de outubro ao 7 de novembro de 2018.

Proba final presencial: 12 de novembro ás 10.00 horas.

A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.

Prazas: 50.

4. Contido.

1. Revisión das capacidades básicas de Libre Office Writer.

2. Formatos de documentos compatibles e capacidades de exportación.

3. Migración de formatos propietarios (.doc e .docx) a formatos.odt. Principais dificultades identificadas, solucións e outros elementos que hai que ter en conta.

4. Definición e uso de modelos.

5. Uso avanzado de estilos e formato: estilos de párrafo, estilos de carácter, estilos de marco, estilos de páxina, estilos de lista.

6. Uso de referencias cruzadas.

7. Uso avanzado de táboas. Fórmulas. Celas protexidas.

8. Combinación de correspondencia.

9. Uso avanzado de macros.

Código: CV18034.

Área de coñecemento: Plan formativo ofimático de Galicia.

Nome do curso: Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010).

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecemento práctico avanzado na folla de cálculo Excel.

2. Destinatarios/as.

Persoal administrativo do Concello da Coruña.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Núm. de edicións: 2.

Duración: 50 horas por edición.

Datas primeira e segunda edición:

– Do 10 de outubro ao 14 de novembro de 2018.

Proba final presencial:

Edición T01 o día 19 de novembro ás 10.00 horas.

Edición T02 o día 19 de novembro ás 12.00 horas.

A proba realizarase no Centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.

Prazas: 50 por edición.

4. Contido.

1. Introdución ao traballo con Microsoft Office Excel.

2. Traballo con Excel, folla de datos e celas. Traballo con rangos.

3. Formatado de follas de cálculo.

4. Fórmulas e funcións.

5. Inserción de imaxes e outros elementos gráficos.

6. Inserción de gráficos en Excel.

7. Traballo con datos.

8. Macros e modelos.

9. Configuración da folla e saída a impresión.

10. Utilidades de Excel.