Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de disolución da Asociación dos Mercados Municipais Coruñeses (Asmerco).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a disolución da Asociación dos Mercados Municipais Coruñeses (Asmerco) acordada pola Asamblea extraordinaria do 26 de marzo de 2018 na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego