Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, para a contratación das obras de optimización enerxética do novo edificio xudicial de Tui, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-OBRSE 07-MP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=211511

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de optimización enerxética do novo edificio xudicial de Tui.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 45000000. Traballos de construción e quince máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 27 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.852.884,66 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.684.440,60 €.

Importe total: 2.038.173,12 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de maio de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 6 de xuño de 2018.

c) Contratista: Construcciones Orega, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 1.449.124,25 €.

Importe total: 1.753.440,34 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza