Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo para o curso 2018/19, esta Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional resolve anunciar:
Primeiro. Que nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria www.edu.xunta.gal e www.edu.xunta.es/fp estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar nos ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2018/19.
Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 6 de xullo de 2018.
Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa