De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-563/2018-PPM e catro máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 6 de xuño de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-563/2018-PPM |
Juan Francisco Pérez Santamaría |
52457918R |
Inicio |
R/ Mariño, 10, Ribeira |
PSC-CO-565/2018-PPM |
Ana Mª Leis Lourido |
33279744D |
Inicio |
Ceilán, 5, Outes |
PSC-CO-570/2018-PPM |
Alberto Ceballos Horro |
32756194P |
Inicio |
San Amaro, 32, entreplanta, A Coruña |
PSC-CO-571/2018-PPM |
Ramón Borja Borja |
47374549T |
Inicio |
O Portiño, 2-1º dta., A Coruña |
PSC-CO-602/2018-PPM |
Ángel Rivas Crujeiras |
53482688Y |
Inicio |
Os Curros, 18, Castiñeiras, Ribeira |