Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2017-099 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos, por resultar descoñecido o seu destinatario ou, tentadas dúas veces as notificacións, estas no se puidesen efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Mª Victoria Moreno, 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 24 de maio de 2018

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada/o

Acto notificado

Acto adoptado por

PO-RES-2017-099

Conservera Celta, S.A.

Proposta de resolución

O instrutor

PO-RES-2016-157

Autos Daf Car-José Manuel Dafonte Sánchez

Resolución

O xefe territorial