Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29825

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de maio de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 27597, onde di:

«50. Certificación forestal: orixe e consecuencias. Criterios e indicadores de xestión sustentable. Sistemas actuais de certificación forestal. O sistema PEFC. Organización, niveis de aplicación e procedementos de certificación. Certificación da xestión forestal. Certificación da cadea de custodia».

Debe dicir:

«50. Certificación forestal: orixe e consecuencias. Criterios e indicadores de xestión sustentable. Sistemas actuais de certificación forestal. Os sistemas PEFC e FSC. Organización, niveis de aplicación e procedementos de certificación. Certificación da xestión forestal. Certificación da cadea de custodia».