Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29827

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xuño de 2018 pola que se amplía o prazo de realización do quinto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A Orde da Consellería de Facenda do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 246, do 27 de decembro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dispón, na base II.1.1.5, que o prazo máximo para a realización do quinto exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O cuarto exercicio da fase de oposición, correspondente ao proceso selectivo que se cita, foi realizado o día 21 de maio de 2018.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do quinto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda