Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Vedra e Boqueixón (expediente IN407A 2016/3013-1).

Expediente: IN407A 2016/3013-1

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento, polígono: 507, parcela: 5006 Portela Gande e anexo 1.

Concellos: Vedra e Boqueixón.

Feitos:

1. O 9 de novembro de 2016, o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 26 de maio de 2017 e no BOP do 9 de maio.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTA (actuación nº 1) a 20 kV, de 300 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 64 existente da LMT SNT-839 e final no apoio nº 68 proxectado da LMT SNT-839 e se retensará o condutor existente nos catro vans afectados polo recuamento.

– LMTA (actuación nº 2) a 20 kV, de 184 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio nº 72-4 proxectado, na LMT a CT Reboredo (15AH43), e final no apoio nº 72-5 proxectado, na LMT a CT Reboredo (15AH43) e se retensará o condutor existente no van afectado polo recuamento.

– LMTA (actuación nº 3) a 20 kV, de 93 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 73-5 proxectado, na LMT a CT Forte II (15CHWT), e final no apoio nº 73-6 proxectado, na LMT a CT Forte (15CHWT) e se retensará o condutor existente no van afectado polo recuamento.

– LMTS (actuación nº 1) a 20 kV, de 30 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no apoio nº 68 proxectado da LMT SNT-839 e final no CS proxectado.

– LMTS (actuación nº 2) a 20 kV, de 800 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm²  Al, con orixe no CS proxectado e final na LMT soterrada da SNT-839

– LMTS (actuación nº 3) a 20 kV, de 740 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm²  Al, con orixe no CS proxectado e final no apoio nº 72-4 proxectado da LMT a CT Reboredo (15AH43).

– LMTS (actuación nº 4) a 20 kV, de 1.450 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no CS proxectado e final no apoio nº 73-5 proxectado da LMT a CT Forte II (15CHWT)

– CS 4L con manobra exterior.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 237.564,91 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal deberá achegar a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña