Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de maio de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36-BONAL-050/2018.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de maio de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Asunto: notificación en relación co procedemento Bono de alugueiro social do Plan rehaVita. Participación no programa de subvencións.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

36-BONAL-050/2018

Miguel Ángel Chenlo Miranda

...371 F