Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de policía local.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 16 de abril de 2018, aprobáronse as bases da convocatoria para prover en propiedade unha praza de policía local do Concello de Mondoñedo, mediante o procedemento extraordinario de integración no corpo da policía local do auxiliar que presta servizos neste concello, en execución do previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, modificada pola Lei 9/2016, do 8 de xullo. O que se convoca mediante concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 93, do 24 de abril de 2018, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de policía local no cadro de persoal municipal do Concello de Mondoñedo.

Esta praza ten as seguintes características:

1. Número de prazas: unha (1).

2. Escala: Administración especial.

3. Subescala: servizos especiais.

4. Grupo: C1.

5. Clase: policía local:

• Escala: básica.

• Categoría: policía.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos do concello.

Mondoñedo, 28 de maio de 2018

Mª Elena Candia López
Alcaldesa presidenta