En virtude das atribucións conferidas polo ordenamento xurídico vixente, e de conformidade co establecido no artigo 23 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e no artigo 90.2 dos estatutos da USC, aprobados polo Decreto da Xunta de Galicia 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e co acordo previo do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela na sesión celebrada o 13 de xuño de 2018,
RESOLVO:
Nomear a Antonio Javier Ferreira Fernández, xerente da Universidade de Santiago de Compostela, con efectos a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co artigo 70.1 dos estatutos desta universidade, o cargo de xerente ten a consideración de alto cargo.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela