Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2018/026-1).

Expediente: IN407A 2018/026-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Castro de Xaz.

Concello: Oleiros.

Feitos.

1. O 2 de febreiro de 2018, o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 2,344 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SAD707, no tramo entre o CT Santa Cruz Molino (expediente 2015/340-1) e a derivada ao CT O Telleiro (expediente 51.151), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SAD709 no tramo entre o CT avda. Venezuela (expediente 146/00) e o CT Pezoca (expediente 2016/196-1).

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 2,265 km, coa orixe en empalmes proxectados para realizar na LMTS SAD707 (obxecto do proxecto de recuamento da dita liña ao seu paso pola futura urbanización), no tramo entre o CT Castro de Xaz, nº 3 e Castro de Xaz, nº 7 (ambos recollidos no proxecto do recuamento), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en empalmes proxectados para realizar na LMTS SAD707 (obxecto do proxecto de recuamento da dita liña ao seu paso pola futura urbanización), no tramo entre o CT Castro de Xaz, nº 7 (recollido no proxecto do recuamento) e o CT rúa da Xenza (expediente 191/98).

Centros de transformación prefabricados subterráneos nº 4, 5, 6, 8, 9, 10, 11 e 13, cunha potencia de 250 kVA cada un, e relación de transformación 15.000/400 V.

Centro de transformación prefabricado subterráneo nº 12, cunha potencia de 400 kVA, e relación de transformación 15.000/400 V.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal achegará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña