Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C 2017/120-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada que se relaciona no anexo a resolución do expediente sancionador por infracción en materia de industria, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos e, no caso de non efectuar alegacións a este acordo, este poderá considerarse proposta de resolución.

Pontevedra, 5 de xuño de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C 2017/120-4.

Interesada: Vigo Car Assistent, S.L.

NIF: B27835883.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.