Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29344

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 7/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 7/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Díaz Santos contra Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez e o Fogas, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o tres de maio de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez en situación de insolvencia total por importe de 2.080,12 euros en concepto de principal (1.659,19 euros en concepto de salarios, pagas extra e vacacións non gozadas, 420,93 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 208,01 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Fogas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza