Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 312/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber:

Que no procedemento con número 312/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Souto Veiga contra Web Menus, S.L. e o Ministerio Fiscal, sobre impugnación de despedimento disciplinario, se ditou sentenza cuxa decisión é o seguinte:

«Acordo ter por desistido a Jorge Souto Veiga, representado polo letrado Sr. Álvarez Flores, da pretensión de nulidade do despedimento formulada fronte a Web Menus, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, despois de darse intervención ao Ministerio Fiscal, a pesar de que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, sobreseo o proceso respecto desa pretensión.

Estimo a pretensión non afectada polo desistimento da demanda presentada por Jorge Souto Veiga, representado polo letrado Sr. Álvarez Flores, contra Web Menus, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento con data de efectos 23 de marzo de 2017.

2. Condeno a mercantil demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución, opte, comunicándollo a este xulgado, mediante comparecencia nel ou por escrito, por unha das dúas posibilidades seguintes:

– A readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 23 de marzo de 2017 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 47,76 euros diarios.

– O aboamento de indemnización por importe de 6.567 euros.

– No suposto de non optar a empresa por unha das dúas anteriores opcións, no prazo e forma indicados, entenderase que procede a readmisión e o aboamento de salarios de tramitación.

– Impóñolle á empresa demandada as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0312-17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0312-17, a cantidade obxecto da condena, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Expídase testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en forma a Web Menus, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 28 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza