Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade a diversas resolucións do 8 de xuño de 2018 polas que se ratifican as adaptacións dos estatutos de varias confrarías de pescadores.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, fanse públicas as resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o 8 de xuño de 2018, polas que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos das confrarías de pescadores que se relacionan no anexo e se acorda a súa inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Confraría de pescadores

Data da resolución de ratificación dos estatutos

Inscrición no Rexistro de Confrarías
e das súas federacións

Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu

8 de xuño de 2018

Tomo II, libro 10-Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, volume 1

Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra

8 de xuño de 2018

Tomo II, libro 48-Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra, volume 1

Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño

8 de xuño de 2018

Tomo II, libro 19-Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, volume 1