Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 29 de maio de 2018, da Área Provincial de Lugo, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo I se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta Área Provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo I.

O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo I para que, no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que xulgue pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Lugo.

Lugo, 29 de maio de 2018

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO I

Establecemento: Viajes Amado Lugo, S.A.

Signatura: XG-LU-000004.

Don/Dona: Razón social: Viajes Amado, S.A.

Domicilio: Rego do Espiño 35, 27294.

Municipio: Lugo.