Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 25 de maio de 2018 pola que se notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria, pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal na vivenda de promoción pública que consta como último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, en que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: LU 83080, conta 46.

Nome: José González Teijeiro, con DNI XXXXX657P, e Esther Martínez Pardo, con DNI XXXXX160R.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (art. 572 da Lei de axuizamento civil), a José González Teijeiro e a Esther Martínez Pardo da cantidade exixible resultante da liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1987 ao IGVS por José González Teijeiro e Esther Martínez Pardo.

Trátase dun acto de mero trámite polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse recurso ningún.