Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela 12.1 do Plan parcial SUNP. I-33-R, Iñás (expediente FG 626).

Mediante a Resolución desta alcaldía nº 2288, do 4 de xuño de 2018, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da parcela nº 12.1 do Plan parcial SUNP. I-33-R, en Iñás (documentos nº 7342, do 19.4.2018 e nº 8880, do 9.5.2018).

De conformidade co artigo 194 do Decreto nº 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 6 de xuño de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente