Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0198-2018 DIA e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 31 de maio de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Denunciado/a

Acto de notificación

MON-CO-0198-2018 DIA

Gustavo García Graiño

Iniciación

MON-CO-0201-2018 DIA

Roberto Negreira García

Iniciación

MON-CO-0208-2018 CSA

Henry Cutire Mamami

Iniciación

MON-CO-0215- 2018 CSA

Francisca Romero López

Iniciación

MON-CO-0025-2018 DIS

José Mayo Mayo

Proposta resolución