Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29130

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 31 de maio de 2018 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 12 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 82, do 27 de abril).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 12 de abril de 2018 (DOG nº 82, do 27 de abril), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 12 de abril de 2018.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar nos seus destinos o persoal funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberanse realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Ferreiro Broz, Mª del Mar.

NRP: 3283136835 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna.

Código: PS.C05.00.003.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Vázquez Carreira, Luis Miguel.

NRP: 3331052424 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia.

Código: PS.C05.00.004.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Localidade: Santiago de Compostela.