Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2017/106-2, 8580 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMT soterrada e CS Tronceda para separación de instalación de compañía da instalación particular.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

• Tender dous novos circuítos (entrada/saída da LMT Fazouro) de condutor RHZ 240 entre o apoio AP24 da LMT Fazouro e o CS Tronceda proxectado, de 80 m de lonxitude, realizando 8 m de canalización desde o CS ata a arqueta 1. Desmontar as puntas do RHZ 150 existente, que actualmente alimenta a Central de Tronceda, da cabeza do apoio AP24 e tendelas ata o CS Tronceda proxectado (PF-15).

• Centro de seccionamento do tipo PF-15, de estrutura monobloque, que incorpora tres celas de liña de 24 kV, con illamento e corte en SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de abril de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo