Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU–28/2018 RE e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 24 de maio de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial en Ourense

ANEXO

Expediente: OU-28/2018 RE.

Denunciado: Luis Carlos dos Santos.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-29/2018 RE.

Denunciada: Candelaria Otero González.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-31/2018 RE.

Denunciado: Segar Violer Marin.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-32/2018 RE.

Denunciada: Violeta Marin.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-37/2018 RE.

Denunciado: Adrián Fernando Ilie.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-42/2018 RE.

Denunciada: Carol Viorel Ricu.

Acto notificado: acordo de incoación.